Publicidad:
La Coctelera

Camiño cara á comunicación

Un mundo de cooperación social

27 Marzo 2008

Quen dixo medo...?

Este é un factor moi importante a ter en conta á hora de comprar un coche... ou iso din, e para combater ese medo a multinacional automovilística Nissan ofrécenos o novo Nissan Pathfinder... cunha extraordinaria comodidade e seguridade, gracias ao seu sistema de suspensión que proporciona unha gran estabilidade...e estas ideas, ao parecer, quedáronlle moi claras á axencia que fixo a campaña publicitaria deste novo modelo, que conseguiu transmitir con moita evidencia... e cun toque sensual para chamar a atención dos consumidores potenciais, que limitan ao campo dos homes imaxino... De todolos xeitos ahí vos queda o spot, que suscitou críticas por parte dalgúns dos sectores da sociedade, pero o certo é que conseguiu o seu obxetivo, transmite con moita fiabilidade a idea que busca... está claro que este 4x4 ten un bo par de suspensións... ou non?... Ahí vos queda, a ver que vos parece.

servido por fortes 4 comentarios compártelo

24 Marzo 2008

Blogs relacionados coa publicidade, "maiormente".

Pois ben, nesta ocasión, e logo de estar á procura doutros blogs relacionados co meu, vou a deixarvos o enlace a tres dos que me pareceron interesantes sobre os temas a tratar, principalmente sobre publicidade. Ahí vos quedan:

Este blog que enlazo acontinuación trata sobre estratexias publicitarias e de marketing cando menos sorprendentes...a min dende logo chamáronme á atención, votádelle un ollo (é unha metáfora eh!! jej) a ver que vos parece: http://www.metamike.com

O caso deste blog é semellante, campañas publicitarias e marketing viral son os seus temas fundamentais, mirade o video da campaña de wonderbra que aparece enlazada neste blog, o efecto é sorprendente: http://www.openads.es

Este vai tamén sobre publicidade, orixinal e divertida, xa vedes que me decanto máis polos blogs deste tipo, creo que son máis amenos e interesantes á hora de votarlle unha ollada, ahí tendes: http://mipequenyomundo.blogspot.com

Bueno, xa para rematar, deixovos o enlace doutro blog, desta vez abordando temas que teñen que ver coa comunicación en xeral: http://www.tallerd3.com/articulos-esenciales

Só me queda dicir que cheguei ata eles a través de google... buscando por este tipo de blogs.

servido por fortes 1 comentario compártelo

17 Marzo 2008

A mercadotecnia móbil...un medio publicitario ainda por explotar.

Estando a navegar pola rede atopeime con esta noticia, cando menos interesante para os usuarios da telefonía móbil, que sen medo a enganarme situaríaos arredor do 80% da poboación na actualidade. O caso é que toda esta loita por publicitarse as empresas neste caso pode beneficiarnos aos usuarios da telefonía. Ahí vos deixo un pequeno estracto do artigo sintetizado.

O móbil é unha arma publicitaria. Na actualidade existen fórmulas para que o cliente tamén se beneficie deste gran pastel. A tendencia é ofrecer descontos aos abonados a cambio de anuncios nos seus servizos. Telefónica Móbiles e Vodafone xa puxeron en marcha as primeiras experiencias en España.
Así pois, Movistar ofrece gratis os videogoles de fútbol aos seus clientes a cambio de publicidade de Coca-Cola en banners. Isto ofrece a posibilidade de que os anunciantes inclúan a súa publicidade nun teléfono móbil, e que os clientes poidan acceder a servizos e produtos de forma máis económica ou sen ningún tipo de custo.
Pola súa parte, Vodafone, está traballando nas mensaxes curtas esponsorizadas. Os clientes poderán incluír nos seus mms un banner de publicidade que supón un desconto no custo da mensaxe. Vodafone tamén traballa na inserción de anuncios nos programas de televisión para o teléfono e a inclusión de banners no seu portal Vodafone Live!
Esta nova fórmula publicitaria sitúase baixo o paraugas da mercadotecnia móbil, e constitue unha nova forma de relación interactiva entre o anunciante e o consumidor que se realiza a través do móbil. Segundo estimacións de Telefónica Móbiles, a mercadotecnia móbil podería supor un 37% do total do investimento en publicidade interactiva en 2009.
Como vedes, a publicidade pouco a pouco vai chegando a todos os medios de comunicación, neste caso o teléfono móbil, grazas ás posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías. O asunto é acadar consumidores, e a competencia que existe hoxe en día leva ás empresas a buscar novas fórmulas para poder publicitarse e non ser desvancadas.

servido por fortes 4 comentarios compártelo

9 Marzo 2008

A comunicación animal...e algún animal da comunicación

Comunicación son os sinais producidos por un individuo, un emisor, que transmite información a outro individuo, un receptor. Pero tamén é comunicación o bramido dun cervo macho, os sinais químicos que lanzan algúns animais, o canto dun paxaro, etc.

En canto ás funcións da comunicación animal atópanse entre outras reunir os sexos para a reprodución.
Outra función é con motivo de distanciarse doutros animais, como unha forma de establecer límites territoriais e posicións dentro dunha xerarquía. Nunha manada de lobos indican o seu sometemento agachando o lombo, poñendo as orellas cara atrás e colocando o rabo entre as patas.

Na defensa contra o ataque de rivais ou depredadores, moitas veces interveñen sinais intensos. Os mamíferos adoitan emitir ruxidos ou berros fortes ou graves cando se senten ameazados. Os coellos e os cervos fan sinais co rabo co obxetivo de advertir aos demais dalgún perigo inminente. En cambio as aves, empregan berros de alarma.

Un individuo dun grupo que atopou unha fonte de alimento adoita transmitir esa información ao resto dos seus compañeiros. É o caso das abellas e as ratas.

En canto aos sinais de comunicación hai que dicir que adoptan distintas formas. Isto depende do que se queira transmitir, a distancia que esta ten que percorrer e o hábitat dos animais en cuestión. Os sinais poden ser:

  • Químicos: Dependen do sentido do olfato e nalgunhas ocasións do gusto. Estes sinais poden percorrer grandes distancias cando son transportados polas correntes do aire. As sustancias químicas específicas que producen efectos concretos chámanse feromonas. Nas colonias de abellas, por exemplo, a raíña produce unha feromona "real" que impide o desenvolvemento dos ovarios das obreiras.
  • Acústicos: Viaxan en todas as direccións e o receptor localízaas con facilidade. Por exemplo, algunhas aves, ras e sapos posúen grandes sacos vocais que aumentan considerablemente os sons que emiten. No caso dos sapos, por exemplo, emiten un son para atraer á femia e outro para "avisar" a outros que el tamén é macho. Os sons de baixa frecuencia viaxan máis lonxe, por ese motivo animais de gran tamaño como as baleas e os elefantes úsanos para comunicarse a grandes distancias.
  • Visuais: Adoitan ser rechamantes ou consistir en movementos bruscos. Unha das garras do cangrexo violinista macho é maior que a outra, ten cores fortes e sacódea para atraer ás femias. As cores das ás dos machos de moitas aves atraen ás súas compañeiras en distancias curtas.
  • Táctiles: Teñen unha gran importancia entre os primates, como unha forma de indicación de amizade e para tranquilizar.
  • Vibracións: Actúan só en distancias moi curtas. Por exemplo, os machos dos heterópteros producen ondas na superficie da auga para que sexan detectadas polos machos rivais e as femias potenciais. As toupas golpean a súa cabeza contra o teito dos seus túneles subterráneos para comunicarse cos seus rivais ou coas súas parellas.
  • Eléctricas: Algúns peixes usan sinais electricas capaces de atravesar corpos sólidos. Son utilizadas para a agresión, para o cortexo e para orientarse.
  • Danza das abellas: A danza da abella prodúcese cando unha obreira recolectora atopa unha fonte de alimento, regresa e executa encima do panal, unha danza en forma de oito. A obreira sacode o seu abdome a un lado e a outro acompañada dun son breve. Se o alimento se atópa preto da colmea o contoneo e o ruído será máis intenso; e se está máis afastado será máis lento. O ángulo de execución indicará a posición do alimento.

Comunicación animal e Comunicación humana:

O interese destes sistemas de comunicación radica nas súas semellanzas e diferenzas coa linguaxe humana:

1. A linguaxe humana caracterízase por ter dobre articulación; é dicir, está formada por elementos con contido semántico, compostas á súa vez por elementos dun conxunto restrinxido de sons (os fonemas). Pola súa banda, os sinais dos sistemas de comunicación animal carecen deste grao de estrutura.

2. Os sinais dos sistemas de comunicación animal adoitan producirse como reacción a estímulos externos. Tampouco poden facer referencia a feitos afastados no espazo ou no tempo (salvo, quizais, no caso da información transmitida pola danza as abellas).

3. Os sistemas de comunicación animal non se aprenden, son innatos e instintivos.

4. A linguaxe humana é creativa, porque permite sempre a creación de novos sinais combinando elementos preexistentes. Esta capacidade combinatoria non existe na linguaxe animal.

En resumo, que a comunicación non é algo único e exclusivo do ser humano, ainda que sí é certo que o noso sistema comunicativo é moito máis complexo e rico permitíndonos así unha comunicación máis ampla por dicilo dalgunha maneira.

servido por fortes 2 comentarios compártelo

4 Marzo 2008

Comunicación, necesidade social?

Dende que teño uso de razón, que tampouco hai moito diso pero bueno, e logo de comezar a comprender un pouco máis este noso mundo, comecei a entender a comunicación non só como un simple proceso de interrelación entre individuos, senón como algo necesario para crear sociedades concretas en tempos determinados, claro está que iso é resultado da interacción entre persoas, da interacción social. En relación con isto cabe destacar a crecente globalización que impregna o mundo actual, que ten como resulado a homoxeneización cultural e as consecuencias que isto conleva, para uns positivas e para outros negativas.

Pero o certo é que o funcionamento das sociedades humanas é posible grazas á comunicación, que consiste no intercambio de mensaxes entre os individuos. Podemos dicir pois que a comunicación é un proceso social.

Amais, hai estudiosos que suxiren que existe un proceso ritual de comunicación que non pode ser divorciado dun contexto social e dunha historia particular. A comunicación fundaméntase esencialmente no comportamento humano e nas estruturas da sociedade, o que fai que os estudiosos atopen difícil un estudo da mesma coa exclusión do social e os eventos do comportamento.

Isto pode resumirse en que para poder vivir precisamos facelo en sociedade, en interacción co resto dos cidadáns e para iso necesitamos da comunicación, e cada vez máis debido, como xa dixen á globalización. E quen contribue a isto, a unha relación mundial entre as sociedades son sobre todo os medios de comunicación cunha capacidade de difusión cada vez maior grazas ás novas tecnoloxías, ás TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación), pasando así dende os primeiros métodos de comunicación como foron nos primeiros tempos a escritura en papiros por exemplo ata chegar ao uso de internet na actualidade, que permite poñer en contacto á poboación mundial.

En relación con isto ahí vos queda o seguinte video sobre o que foi a comunicación dende a creación do primeiro home, Adán e como avanzou grazas a novas técnicas comunicativas:

Tags: comunicacion

servido por fortes 8 comentarios compártelo

2 Marzo 2008

Spot: Éste é o teu soño, estar no xogo.

Nesta ocasión e para empezar dun xeito máis ameno deixovos o seguinte.

Botádelle unha ollada a este video de creación propia. É un posible spot aplicable a calquera producto interesado en destacar o esforzo para acadar unha meta, algo semellante aos realizados por Adidas (impossible is nohing) ou Nike (Just do it) empregando figuras destacadas do mundo deportivo, e neste caso comigo mesmo como protagonista, jeje, e ainda non quedou moi mal.

Por certo, hai que dicir que o productor e realizador do video foi J.Cespón, un artista con moito futuro neste mundo.

Ahí vos queda, a ver que vos parece, e perdoade pola falta de calidade do video, é que para poder subilo aquí non tiña outra solución.

http://www.lacoctelera.com/myfiles/fortes/Secuencia-wmv01.3gp

A vida é un xogo

Senón o vedes probade aqui:

http://www.lacoctelera.com/myfiles/fortes/Secuencia-wmv01.wmv

A vida é un xogo.2

Tags: spot

servido por fortes 8 comentarios compártelo

22 Febrero 2008

Presentación

Ola a todos. Comezo este blog como un novo proxecto universitario no que tentarei expoñer información relevante sobre a comunicación en xeral, como elemento principal na cohesión social, pasando polos medios de comunicación, a publicidade, as relacións públicas, e todos aqueles datos que se presten en relación co tema.

Espero que vos resulte interesante.

M.Fortes Otero

servido por fortes 5 comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de fortes

Camiño cara á comunicación

ver perfil »
contacto »
Manuel Fortes Otero é o meu nome. Son estudiante de Publicidade e RR.PP na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (UVIGO).
RelojesWeb para Pisos!

Fotos

fortes todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera