Que xungo vai o royo este...pois o tema é saber que erros non debemos cometer á hora de facer un post...e o primeiro é falar ben, cunha linguaxe clara e sinxela,iso sí sempre que o que pretendas sexa conectar co maior número de persoas posible...agora ben, si queres falar en clave para un grupo reducido xa é outro conto. E sguind con ist, tamn podds postear en sistma "sms", pro nn e rcomndabl...e s nn q yo prguntn a qn corrix ist, a vr s entnd tods os vocabls...quedou claro non?

Máis cousas, pois probade a citar as palabras de quen sexa sen dicir quen é, igual vos demanda, pero bueno, tampouco hai que ser tan extremista. Iso sí, se pretendedes facer un bo post mellor que citedes o que debades e tamén as fontes de onde sacades a información, enlazando con outras webs ou blogs sempre que sexa preciso, se é o caso claro está.

"Tralarí tralará...blablablablabla..." non sexades plomos, iso tamén é importante, a menos que a información ou tema o requira e a túa audiencia reclame ese tipo de información...pero intendade ser concisos e sintetizar todo o posible unha información...

Que máis...ah! poñer cousas sen sentido "a diestro y siniestro" funciona moi ben"...pero non funciona decir cousas ao chou e sen fundamento lóxico...a que vos perdestes?...pois iso que non debedes contradecirvos na información que expoñades...ah! e neste caso o correcto é dicir algo que teña un sentido lóxico e que estea acorde co tema...tampouco se pode esbardallar por esbardallar...

Imaxes...! outra vaca no millo!...

non sei a que ven isto aqui pero a min fai gracia...pois está ben...igual lle fai gracia a máis xente e resulta eficaz o tema ese de incrustar imaxes que non aportan nada ao post...habería que miralo...pero creo que xa está comprobado...asique mellor deixadeo!...por certo cando deixedes unha imaxe comprobade que se vexa...e volvede a recordar o das licencias de descarga...e todo iso dos dereitos...que mellor que sexan imaxes de descarga libre e pública...como as que te podes descargar de "flickr" por exemplo.

Un pouco o mesmo pasa cos videos...procurade que vai acordes co tema tratado...e que non sexan un coñazo...

En canto a temas de estructura e da imaxe do blog en xeral procurade xamar a atención cunha cabeceira atractiva...e que os asuntos tratados sigan unha liña temática no posible para que esa xente que se interesa por tales temas poida seguir informándose e intercambiando datos atrevés dos comentarios con vós, xa que se está ahí épor que lle interesa o tema sobre o que escribes...procurade iso xa que do contrario non conseguiredes crear un grupo concreto que siga o teu blog...

En canto a outros aspectos tales como reloxiños ou contadores...pois xa écousa de cada quen...poida que adornen...pero tampouco teñen outra función máis immportante.