Vai de música...atención á letra...
Moi boas meus, o caso é que nesta ocasión, e posto que a práctica que se nos pide é engadir podcasts no blog, decidín deixarvos un rap que non está nada mal, ou iso creo...algo semellante as regueifas galegas nas que hai encontros fronte a fronte coa palabra como arma de crítica ao contrario...neste caso é un rap no que se fala dos tios e das tias...con críticas por ámbas partes...e todo isto na voz de dous grandes rapeiros, Porta e May...ou eu así o creo...e xa que estou aprobeito para facerlle publicidade...un saúdo...e espero que a letra non vos pareza de mal gusto...jej...ainda que si recibiu algunha que outra crítica.
Un mundo de cooperación social

Adrián Herrero dijo
Vaia Fortes, non esperaba de ti que puxeses este tema aquí jajaja.
Bueno, a miña opinión sobre Porta é variopinta: paso de atacalo como fan os puristas do rap, pero penso que non é unha cousa doutro mundo, simpremente un rapaz ao que hai que recoñecerlle o mérito de dar que falar, aínda que tamén é verdade que o factor económico axudoulle bastante. Só hai que ver ao seu productor: Soma. Algo sen duda moi raro, xa que estamos falando dun novato no mundo do hip hop.
En canto ao tema, está gracioso e ten ritmo. Tamén destacaría entre as súas cancións o Dragon Ball Rap e Mi rosa negra, que a pesares de non ser dun alto nivel de composición, son do meu agrado.
Por certo, xa que falas de regueifas, non sei se coñeces as RedBull Batalla de los Gallos. Déixote un par de vídeos ilustrativos:
Piezas vs Kid Masta
http://es.youtube.com/watch?v=Jes1FaYOCXA
Ferrán vs Joanarman (que o parte)
http://es.youtube.com/watch?v=hIJfs8BA3Ac
1 Mayo 2008 | 12:27 AM