Este é un factor moi importante a ter en conta á hora de comprar un coche... ou iso din, e para combater ese medo a multinacional automovilística Nissan ofrécenos o novo Nissan Pathfinder... cunha extraordinaria comodidade e seguridade, gracias ao seu sistema de suspensión que proporciona unha gran estabilidade...e estas ideas, ao parecer, quedáronlle moi claras á axencia que fixo a campaña publicitaria deste novo modelo, que conseguiu transmitir con moita evidencia... e cun toque sensual para chamar a atención dos consumidores potenciais, que limitan ao campo dos homes imaxino... De todolos xeitos ahí vos queda o spot, que suscitou críticas por parte dalgúns dos sectores da sociedade, pero o certo é que conseguiu o seu obxetivo, transmite con moita fiabilidade a idea que busca... está claro que este 4x4 ten un bo par de suspensións... ou non?... Ahí vos queda, a ver que vos parece.
4 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados
« Blogs relacionados coa publicidade, "maiormente". | Inicio | Campañas antidroga...ou drogas anticampañas »

Ola!
Este anuncio fíxome pensar no curioso valor que xogan os peitos femininos no subconsciente, e á publicidade non se lle ía escapar esta ferramenta como medio de atracción do público, aínda que neste caso máis ben o anuncio vai referido ó sector masculino. Tamén é certo que ten habido algún spot de este tipo un pouco vulgar, pero como para todo é cuestión de gustos.
Un saúdo
pode ser enxebre de mais. ¿Por qué non conduce ela? ¿Non teñen cartos as mulleres para comprar estes coches? ¿Quería amosar a estabilidad da suspensión o outras cosas? Unha compra tan racional como un vehiculo de luxo no se decide por emocións o sugestións... o anuncio está para dar que falar en Internet, pero non creo que consiguiera que se falara ben ou de interés.
jajja o creativo que maquinou neste anuncio, sabe que todo o que ten que ver co sexual vende, pero non creo que este anuncio sexa axeitado nin funcione a hora de vender. Non creo que un consumidor, que busque un 4x4 se decida por esta marca entre todas as que existen, por ver na tele un par de tetas rebotando.
saudos
jej...o certo é que querían mostrar un pouco todo supoño, utilizar unha analoxía visual (ou creo que é algo así) para transmitir unha idea, e a idea penso que a transmiten dandolle o toque que buscan, iso sí...deste xeito parece que está a limitar os compradores potenciais ao deixar á marxe a muller polo mesmo que dicía D.Martí...porqué non é ela a que conduce...?...penso que o erro deste tipo de campañas é ese...facer un anuncio no que a muller está no segundo lugar non é o máis axeitado, sobre todo nos tempos que corren, porque elas tam´n poderían mercar este coche...pero non sei se lles gustaría moito o spot...en canto aos homes claro está que este spot non vai facer que se decidan a comprar este e non outro 4x4, pero creo que si pode atraer a súa atención e facer que vaian ao concesionario de Nissan se tiñan pensado mercar algún todoterreo...non sei que opinades...!