A mercadotecnia móbil...un medio publicitario ainda por explotar.
Estando a navegar pola rede atopeime con esta noticia, cando menos interesante para os usuarios da telefonía móbil, que sen medo a enganarme situaríaos arredor do 80% da poboación na actualidade. O caso é que toda esta loita por publicitarse as empresas neste caso pode beneficiarnos aos usuarios da telefonía. Ahí vos deixo un pequeno estracto do artigo sintetizado.
O móbil é unha arma publicitaria. Na actualidade existen fórmulas para que o cliente tamén se beneficie deste gran pastel. A tendencia é ofrecer descontos aos abonados a cambio de anuncios nos seus servizos. Telefónica Móbiles e Vodafone xa puxeron en marcha as primeiras experiencias en España.
Así pois, Movistar ofrece gratis os videogoles de fútbol aos seus clientes a cambio de publicidade de Coca-Cola en banners. Isto ofrece a posibilidade de que os anunciantes inclúan a súa publicidade nun teléfono móbil, e que os clientes poidan acceder a servizos e produtos de forma máis económica ou sen ningún tipo de custo.
Pola súa parte, Vodafone, está traballando nas mensaxes curtas esponsorizadas. Os clientes poderán incluír nos seus mms un banner de publicidade que supón un desconto no custo da mensaxe. Vodafone tamén traballa na inserción de anuncios nos programas de televisión para o teléfono e a inclusión de banners no seu portal Vodafone Live!
Esta nova fórmula publicitaria sitúase baixo o paraugas da mercadotecnia móbil, e constitue unha nova forma de relación interactiva entre o anunciante e o consumidor que se realiza a través do móbil. Segundo estimacións de Telefónica Móbiles, a mercadotecnia móbil podería supor un 37% do total do investimento en publicidade interactiva en 2009. Como vedes, a publicidade pouco a pouco vai chegando a todos os medios de comunicación, neste caso o teléfono móbil, grazas ás posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías. O asunto é acadar consumidores, e a competencia que existe hoxe en día leva ás empresas a buscar novas fórmulas para poder publicitarse e non ser desvancadas.
Un mundo de cooperación social



aitanaworld dijo
Hola,
Me parece muy interesante eso de que la publicidad llegue a todos los rincones si eso sirve para que los mensajes y demás nos salgan más baratos.xDD.
Muy interesante la noticia,ya que yo no tenía ni idea de que las compañías de telefonía móvil tenían en mente llevar a cabo este trato con la publicidad para favorecer a los clientes.
Un saludo!
19 Marzo 2008 | 11:17 AM