Comunicación, necesidade social?
Dende que teño uso de razón, que tampouco hai moito diso pero bueno, e logo de comezar a comprender un pouco máis este noso mundo, comecei a entender a comunicación non só como un simple proceso de interrelación entre individuos, senón como algo necesario para crear sociedades concretas en tempos determinados, claro está que iso é resultado da interacción entre persoas, da interacción social. En relación con isto cabe destacar a crecente globalización que impregna o mundo actual, que ten como resulado a homoxeneización cultural e as consecuencias que isto conleva, para uns positivas e para outros negativas.
Pero o certo é que o funcionamento das sociedades humanas é posible grazas á comunicación, que consiste no intercambio de mensaxes entre os individuos. Podemos dicir pois que a comunicación é un proceso social.
Amais, hai estudiosos que suxiren que existe un proceso ritual de comunicación que non pode ser divorciado dun contexto social e dunha historia particular. A comunicación fundaméntase esencialmente no comportamento humano e nas estruturas da sociedade, o que fai que os estudiosos atopen difícil un estudo da mesma coa exclusión do social e os eventos do comportamento.
Isto pode resumirse en que para poder vivir precisamos facelo en sociedade, en interacción co resto dos cidadáns e para iso necesitamos da comunicación, e cada vez máis debido, como xa dixen á globalización. E quen contribue a isto, a unha relación mundial entre as sociedades son sobre todo os medios de comunicación cunha capacidade de difusión cada vez maior grazas ás novas tecnoloxías, ás TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación), pasando así dende os primeiros métodos de comunicación como foron nos primeiros tempos a escritura en papiros por exemplo ata chegar ao uso de internet na actualidade, que permite poñer en contacto á poboación mundial.
En relación con isto ahí vos queda o seguinte video sobre o que foi a comunicación dende a creación do primeiro home, Adán e como avanzou grazas a novas técnicas comunicativas:
Un mundo de cooperación social







struklaka dijo
Moi bo o spot. Sen dúbida ningunha, douche a razón. É imposible rebatir que a comunciación é unha necesidade social e que supón a base das sociedades. Bo traballo
5 Marzo 2008 | 11:13 AM