Publicidad:
Terra
La Coctelera

"...buses..."

Ola a todos!...mirade que campañas tan divertidas se poden plasmar nun bus...

Sorprendente non?...

Aghárrate co "pi...pi" post

Que xungo vai o royo este...pois o tema é saber que erros non debemos cometer á hora de facer un post...e o primeiro é falar ben, cunha linguaxe clara e sinxela,iso sí sempre que o que pretendas sexa conectar co maior número de persoas posible...agora ben, si queres falar en clave para un grupo reducido xa é outro conto. E sguind con ist, tamn podds postear en sistma "sms", pro nn e rcomndabl...e s nn q yo prguntn a qn corrix ist, a vr s entnd tods os vocabls...quedou claro non?

Máis cousas, pois probade a citar as palabras de quen sexa sen dicir quen é, igual vos demanda, pero bueno, tampouco hai que ser tan extremista. Iso sí, se pretendedes facer un bo post mellor que citedes o que debades e tamén as fontes de onde sacades a información, enlazando con outras webs ou blogs sempre que sexa preciso, se é o caso claro está.

"Tralarí tralará...blablablablabla..." non sexades plomos, iso tamén é importante, a menos que a información ou tema o requira e a túa audiencia reclame ese tipo de información...pero intendade ser concisos e sintetizar todo o posible unha información...

Que máis...ah! poñer cousas sen sentido "a diestro y siniestro" funciona moi ben"...pero non funciona decir cousas ao chou e sen fundamento lóxico...a que vos perdestes?...pois iso que non debedes contradecirvos na información que expoñades...ah! e neste caso o correcto é dicir algo que teña un sentido lóxico e que estea acorde co tema...tampouco se pode esbardallar por esbardallar...

Imaxes...! outra vaca no millo!...

non sei a que ven isto aqui pero a min fai gracia...pois está ben...igual lle fai gracia a máis xente e resulta eficaz o tema ese de incrustar imaxes que non aportan nada ao post...habería que miralo...pero creo que xa está comprobado...asique mellor deixadeo!...por certo cando deixedes unha imaxe comprobade que se vexa...e volvede a recordar o das licencias de descarga...e todo iso dos dereitos...que mellor que sexan imaxes de descarga libre e pública...como as que te podes descargar de "flickr" por exemplo.

Un pouco o mesmo pasa cos videos...procurade que vai acordes co tema tratado...e que non sexan un coñazo...

En canto a temas de estructura e da imaxe do blog en xeral procurade xamar a atención cunha cabeceira atractiva...e que os asuntos tratados sigan unha liña temática no posible para que esa xente que se interesa por tales temas poida seguir informándose e intercambiando datos atrevés dos comentarios con vós, xa que se está ahí épor que lle interesa o tema sobre o que escribes...procurade iso xa que do contrario non conseguiredes crear un grupo concreto que siga o teu blog...

En canto a outros aspectos tales como reloxiños ou contadores...pois xa écousa de cada quen...poida que adornen...pero tampouco teñen outra función máis immportante.

Publicidade en bolsa!

Moi boas!...despois de tantos días sen escribir, e xa que estes van a ser uns días con moito lio para moitos dos estudantes pois deixovos unhas simples imaxes...para que non teñades que ler moito...e os que non estudan que lle boten tamén un ollo...a ver si só son bolsas ou algo máis...

Adaptando?...a miña primeira cuña de publicidade en radio...

Boas de novo amigos!!!...que toca hoxe?...pois igual vos interesa escoitar unha cuña publicitaria que tiven que adaptar para radio, e como era un exercicio práctico que se nos pedía e non me saiu tan mal pois ahí vola deixo...vai sobre o novo Ford Mondeo...a ver que vos parecen os meus primeiros pasos neste eido...si vedes que falla algo comentade por aqui...un saudinho!

Vai de música...atención á letra...

Moi boas meus, o caso é que nesta ocasión, e posto que a práctica que se nos pide é engadir podcasts no blog, decidín deixarvos un rap que non está nada mal, ou iso creo...algo semellante as regueifas galegas nas que hai encontros fronte a fronte coa palabra como arma de crítica ao contrario...neste caso é un rap no que se fala dos tios e das tias...con críticas por ámbas partes...e todo isto na voz de dous grandes rapeiros, Porta e May...ou eu así o creo...e xa que estou aprobeito para facerlle publicidade...un saúdo...e espero que a letra non vos pareza de mal gusto...jej...ainda que si recibiu algunha que outra crítica.

Unha curta da Water Bros Producións: "Colleunos a noite"

Aqui estamos de novo...desta vez, posto que un dos temas que me ocupan é a publicidade, agora tócame a min publicitar ou promocionar unha curta de produción propia : "Colleunos a noite", ahí tendes unha das portadas que lle fixemos, moi currada polo director de produción, Julián...deixareivos tamén o trailer por ahí. Un saúdo.

Enlaces ao fondo de escritorio da curta:

  • Mediante HTML:

FONDO ESCRITORIO

Unha comunicación moi peculiar...así é a publicidade; "as vaias"

Como ben dicía nos meus primeiros posts, pensaba centrarme na comunicación como tema xeral para este blog, pero a medida que ía facendo novas entradas funme decatando de que estaba tirando cara un tipo de comunicación moi concreta, a publicidade, e a verdade é que me resulta máis cómodo tratar este asunto, e creo que é máis atractivo para os que decidan entrar a botarlle un ollo ao blog. Ainda así, tentarei facer algún post referido a outras formas de comunicación, que sen dúbida é a base dunha sociedade.

E no que respecta a éste post, e seguindo coas campañas publicitarias, vouvos deixar algunhas que me pareceron moi enxeñosas, neste caso que empregaron como soporte xigantescas vaias para atraer a atención dos viandantes, e nalgúns casos conseguírono dun xeito sorprendente, gracias non só ao seu tamaño senón pola abraiante creatividade...ahí vos deixo tres campañas realizadas deste xeito, a ver que vos parecen.

Neste caso ao parecer o chocolate que se mostra é irresistible, polo menos para os manequíns...

Unha boa forma para anunciar esta pelicula non credes?

Sobran as palabras, ainda que non saibas inglés...

A verdade é que parece que ten uns dentes moi : "fortes"...Un saúdo...

Campañas antidroga...ou drogas anticampañas

A publicidade é unha forma máis de comunicar e transmitir ideas...co obxetivo de convencer claro está...agora ben, ata que punto son convincentes as campañas publicitarias...é tan fácil convencer sobre calquera tema...? botemos unha ollada ás campañas antidroga... realmante son eficaces, convincentes?...non sei ata que punto... sobre todo nos tempos que corren, xa que cada vez máis xente comeza a tomar "drogas light", brandas, por chamarlle dalgunha maneira, e a idades máis temperás, e a ninguén lle extraña, o que non quere dicir que sexan futuros drogadictos, pois a maioría non pasa de ahí, pero se isto é así...é dicir, se realmente a sociedade acepta como normal esta conducta cal é a razón destas campañas...? se estamos intentando convencernos de que iso non é bo, porqué a realidade mostra o contrario...? será que o que se está a facer a prol disto coas campañas non está a dar resultados positivos? será que realmante non son tan eficaces?... realmente haberá algunha campaña que resulte eficaz con este asunto?...igual é iso... que a sociedade tira por onde non quere, ou que sí quere seguir ese camiño...como diría un que eu sei: "Bótase o arado fóra do regho"... a pregunta é...hai que traelo de novo ao "regho" ou deixar que faga o "regho" por onde vaia... realmente faltanos consciencia do problema...?ou somos conscientes e non existe tal problema...? espero as vosas respostas e opinións...!!

Ah! e prestade atención ás campañas antidroga que aqui vos van...a ver que vos parecen...!